Consorcio de Turismo Ribeira Sacra
Galicia
OBXECTO DO CONTRATO. O obxecto desta contratación é o servizo de redacción de proxectos técnicos e dirección de obra e coordinación de seguridade e saúde, para as liñas de media tensión, centros de transformación e instalacións de baixa tensión para cargadores eléctricos de buses e catamaráns en embarcadoiros de Ribeira Sacra.
Resumen del contrato
OBXECTO DO CONTRATO. O obxecto desta contratación é o servizo de redacción de proxectos técnicos e dirección de obra e coordinación de seguridade e saúde, para as liñas de media tensión, centros de transformación e instalacións de baixa tensión para cargadores eléctricos de buses e catamaráns en embarcadoiros de Ribeira Sacra.
Criterios de Adjudicación
- Valoración do prezo80%
- Horas de soporte adicionais20%
Requisitos y Solvencia
- Volumen anual de negocios
Medios: Declaración do volume anual de negocios do licitador ou candidato, referido ao mellor exercicio dentro dos tres últimos dispoñibles en función das datas de constitución ou de inicio de actividades do empresario e da presentación das ofertas. Criterios de selección e requisitos mínimos: Considerarase solvente ao licitador que acredite un volume de negocios de importe igual ou superior ao orzamento de licitación, sen IVE, do lote ou suma dos lotes aos que licite: 58.000,00 euros. O volume anual de negocios do licitador acreditarase por medio das súas contas anuais aprobadas e depositadas no Rexistro Mercantil, se o empresario estivese inscrito no devandito rexistro, e, en caso contrario, polas depositadas no rexistro oficial en que deba estar inscrito. Os empresarios individuais non inscritos no Rexistro Mercantil acreditarán o seu volume anual de negocios mediante os seus libros de inventarios e contas anuais legalizados polo Rexistro Mercantil.
- Relación de principales suministros (OSR)
Medios: Unha relación selada e asinada, dos principais traballos realizados de igual ou similar natureza que os que constitúen o obxecto do contrato, como máximo dos tres últimos anos, que inclúa importes, datas e destinatarios públicos ou privados deles, que deberá presentarse segundo o cadro modelo que se reflicte a continuación: Relación dos servizos ou traballos executados no período correspondente. Servizo realizado Destinatario Data remate execución (Día/mes/ano) Importe sen IVE Descrición O citado período abranguerá: - Respecto do ano 2022, servizos rematados dende o día equivalente ao seguinte da finalización do prazo de presentación de proposicións e ata o 31 de decembro. - Os anos 2023 e 2024 completos. - E no período transcorrido do ano 2025, servizos rematados ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións. Só se terán en conta os traballos relacionados co obxecto da presente contratación, que aparezan relacionados no cadro e respecto dos cales se acheguen as correspondentes certificacións ou declaracións. Os traballos acreditaranse mediante certificacións expedidas ou visadas polo órgano competente cando o destinatario sexa unha entidade do sector público; cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante unha certificación expedida por este, ou a falta desta certificación, mediante unha declaración do licitador acompañada dos documentos que obren en poder deste que acrediten a realización da prestación. Criterios de selección e requisitos mínimos: Considerarase solvente Ao licitador que acredite nas condicións sinaladas, a execución dun conxunto de traballos de igual ou similar natureza que os que constitúen o obxecto do contrato e que supoñan un importe como mínimo igual ou superior ao orzamento de licitación, sen IVE: 58.000,00 euros. Para determinar a correspondencia entre os traballos acreditados e os que constitúen o obxecto do contrato atenderase aos tres primeiros díxitos dos respectivos códigos CPV.
- Capacidad de obrar
Descubre si esta licitación encaja contigo
Documentación oficial adjunta (6)
- PDFPPT 35__2025.pdfPliegos y anexos oficiales
- PDFActos públicos informativos o de aperturas de ofertasPliegos y anexos oficiales
- PDFComposición de la mesa de contrataciónPliegos y anexos oficiales
- PDFDeclaración de nulidadPliegos y anexos oficiales
- PDFANEXOS.docxPliegos y anexos oficiales
- PDFPCAP 35__2025.pdfPliegos y anexos oficiales
- EstadoAbierta
- ProcedimientoAbierto
- TipoServicios
- CategoríaCPV 71334000
- Expediente35/2025
- Publicado25 jun 2025

